martes, 15 de marzo de 2011

lunes, 14 de marzo de 2011

Cruz cumial de San Lázaro-Santiago de Compostela-A Coruña.

Cruz cumial de tipo céltica entrenzada situada no piñón da ábside da igrexa parroquial de San Lázaro en Santiago de Compostela-A Coruña.

                                 
                                   




Porta decorada con diversos motivos.

Porta dunha corte na aldea de Santa María de Dozón-Dozón-Pontevedra. A porta esta profusamente decorada con motivos xeométricos variados como rosetas hexapétalas e tetrapétalas así como hexagramas. Tamén ten dibuxados motivos vexetais diversos e aviformes. É de supoñer que toda esta simboloxía pretendía protexer o que se gardaba no interior da corte.

Trisquel de Santa Tegra-A Guarda-Pontevedra

Trisquel gravado en rocha granítica atopado nas excavacións do monte de Santa Tegra-A Guarda-Pontevedra. O trisquel é unha das formas xeométricas sagradas da cultura céltica ainda que non é exclusivo xa que esta forma podemos atopalas en outras culturas diferentes como a Maia ou a Xaponesa. 
Actualmente esta xoia da canteiría está exposta no museo do castro de Santa Tegra.